Os días lebre

Intenso e fuxidío pasa o tempo mentres arelamos o compás dos "días tartaruga". O territorio da fantasía, dos soños e da memoria, coa sonoridade duns versos e a frescura dunhas imaxes.

Os quince poemas de “Os días lebre” remítennos ao pulso da vida cotiá, por veces tan intenso e fugaz, co degoiro dunha cadencia máis pausada e serena. As lembranzas, a fantasía e unha certa cercanía co xeito de razoar propio da infancia, conforman o universo simbólico deste diario que non segue tanto o paso do tempo como a acumulación de emocións e de experiencias. Clara López xoga coa sonoridade e co significado das palabras, mesmo das letras, e máis aínda coa súa disposición nos versos; de aí o seu gusto polas enumeracións e polas repeticións. Ese espírito lúdico que planea sobre a obra redondéase co ton coloquial dos textos, a tendencia a explorar o territorio dos soños, e o carácter inconformista que se aprecia na ollada do presente e nas expectativas cara ao futuro.

As ilustracións oníricas de Marcos Viso seguen o compás dos versos a través de formas diluídas, trazos difuminados e cores pastel sobre suaves texturas que evocan o espazo de abstracción onde se produce a poética dicotomía: días lebre vs. días tartaruga.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: