Cara de velocidade
O día a día, convertido en poesía, aventura e xogo. O cotiá, a través dun xirgo urbano e musical.
“Cara de velocidade” é o resultado de acudir á literatura como bálsamo, refuxio e bitácora da superación de «H». Neste poemario están presentes os seus avances en forma de pasos de xigante e a satisfacción do retorno ao fogar logo dunha convalecencia; a enfermidade toma forma de monstro ao que se desafía, co que se dialoga e convive; e sobre todo, a vida cotiá afróntase con humor, fortaleza, optimismo e imaxinación fronte á adversidade. A superheroína con superpoderes que protagoniza estes versos urbanos ten a capacidade de converter a hora de comer nun xogo disparatado ou nunha festa con improvisados instrumentos musicais; e dun accidente caseiro xorde a excusa perfecta para fantasear con fascinantes peripecias, trascendendo as súas consecuencias negativas.
Marga Tojo proxecta nela os seus temores e ledicias, ou inquedanzas cotiás que, a través do filtro literario, chéganos baixo o punto de vista infantil, cargadas de divertidas metáforas e cunha lírica musical -de efectos terapéuticos- que bebe de voces contemporáneas: Patti Smith, The Rolling Stones, Nina Simone, Fran Pérez Narf…
María Hergueta afonda no carácter lúdico dos poemas cunhas ilustracións próximas á estética do cómic de aventuras, con trazos estilizados e cores planas.

Otros idiomas:
Colección: Poesía Ilustrada
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 48
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-376-0
Premios : X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos.