Almanaque musical

Rubio, Antonio Pintor, David Traducción: Xosé Ballesteros

Un poema ilustrado para cada mes, con versos que danzan no pentagrama ao son dos concertos para corda dos grandescompositores.

“Almanaque musical” contén doce poemas, un para cada mes do ano, nos que o fío condutor é a música clásica, cos intérpretes dunha peculiar orquestra de intrumentos de corda. Os versos de Antonio Rubio evocan o tempo, o pentagrama, a batuta, a ritmo de valse e alalá, sinfonía, tocata e romaría. Cos seus inseparables violíns, violas e violonchelos, e elegantemente conxuntados, os músicos que retrata David Pintor adoptan posicións e situacións divertidas, fóra do habitual contexto dunha sala de concertos. Uns de aparencia humana e outros do reino animal, forman un grupo fantástico que para si quixeran os mellores compositores.

O álbum complétase cunha relación escrita de pezas de Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven, Mendelsshon, Brahms, Chaikovski, Sibelius, Prokofiev, Alban Berg, Béla Bártok, Boccherini, Haydn e Dvorak, que conforman o repertorio ideal para amenizar a lectura poética e visual.
Leer más
Leer menos
15,00 €

Otros idiomas: