Diario de Ana Frank

Frank, Anne Traducción: Tomás Ruibal

Edición enriquecida dun testemuño fundamental da memoria histórica do Holocausto. Sensible, contraditoria e ante todo vital, a protagonista comparte os seus segredos e vivencias, o medo e a esperanza, mentres o mundo colapsa fóra da 'casa de atrás'. Ilustración de cuberta de ANNE FRANK FONDS

O “Diario de Ana Frank” foi escrito entre o 12 de xuño de 1942 e o 1 de agosto de 1944 no ático de Amsterdam onde Ana e a súa familia se esconderon dos nazis. A obra publicouse ao rematar a II Guerra Mundial e axiña se converteu nun clásico en todo o mundo -traducido a ducias de linguas- por ser un gran e atemporal testemuño da memoria histórica, dos millóns de voces caladas durante o Holocausto. Nas páxinas desta nova edición, enriquecida con moitas pasaxes non publicadas anteriormente, Ana móstrase coma unha rapaza sincera e vital. Unha adolescente contraditoria, vulnerable, sensible e, sobre todo, namorada da vida.

Ana debullará os seus segredos máis fondos: a descuberta do amor e da sexualidade, a rebeldía contra as inxustizas, a análise social e política desde o seu agocho, o xenocidio e a barbarie que acontencían no exterior, fóra da “casa de atrás”… Mais tamén están presentes no seu diario as vivencias dos que están obrigados a compartir TODO, mesmo o medo e a esperanza, mentres o seu mundo se esnaquiza.

O diario vese interrompido en agosto de 1944, cando a familia Frank e a familia Van Pels -que se ocultaba canda eles- foron descubertos pola Gestapo e levados ao campo de concentración de Auschwitz. Ana foi deportada a Berger-Belsen e faleceu entre finais de febreiro e principios de marzo de 1945.

A publicación deste libro único e necesario está promovida por Anne Frank Fonds, fundada en Basilea en 1963 polo pai de Ana, Otto H. Frank, que foi o único do grupo dos oito escondidos que sobreviviu aos campos de concentración. Esta organización benéfica doa a UNICEF parte dos beneficios das vendas do libro para chamar a atención sobre os dereitos da infancia en todo o mundo.
Leer más
Leer menos
18,00 €