O galo Quirico

Conto popular. O galo Quirico que ía á voda do tío Perico atopouse no camiño cunha bosta e no seu interior, un saboroso bocado.

O galo Quirico ía á voda do tío Perico cando atopou un becho que lle pediu ir con el. En vez de levalo, o galo papouno enteiro e seguiu o seu camiño. Pero quedáralle o bico manchado... Non podía ir así! Daquela, que podería facer este galo tan fachendoso? «O galo Quirico» é un conto popular de marcada estrutura rítmica; un texto de fórmula que xoga co verso e que mantén o aire fresco da oralidade. Trátase dun conto creado non só para ser lido, senón tamén para ser contado. As ilustracións de Alicia Suárez son sinxelas e expresivas, ao tempo que aportan a novidade de localizar un conto tradicional nun ambiente urbano. A ilustradora propón unha suxestiva lectura das imaxes, que contrasta co estilo narrativo clásico.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: