Bromas na escuridade
Cantas aventuras emocionantes lles agardan aos tres amigos que se reúnen para durmir xuntos na casa dun deles... Noite de contos de medo, sustos e pantasmas!
Tres pequenos amigos -un oso, unha lebre e un verme- celebran a súa primeira noite xuntos na casa dun deles. Durmir nun lugar alleo ao propio fogar, ir a un campamento ou participar nunha actividade que rompe a rutina familiar son aventuras que a moitas nenas e nenos failles ilusión experimentar: proporciónalles unha sensación de autonomía e madurez, estimúlaos no exercicio da responsabilidade ante o novo ou o descoñecido, e axúdaos no difícil proceso de socialización. Iso lles ocorre aos protagonistas de “Bromas na escuridade”. Os nervios iniciais dos hóspedes -tanto dos pais como dos fillos- e a hospitalidade dos anfitrións son o punto de partida do relato. A cea, o aseo, o xogo e o conto antes de durmir forman parte dunha divertida dinámica na que as historias de intriga e o poder da imaxinación achegan emoción a esta entrañable vivencia infantil. Interactuando entre eles percíbese a personalidade de cada un: os seus medos, as súas debilidades, a necesidade de protección e seguridade por parte dos adultos.
De Daniela Kulot destaca o seu talento para crear relatos a partir da vida cotiá, captando a identificación dos lectores coa situación exposta. Neste caso, o escenario é o contorno doméstico e familiar, representado con cores alegres que contrastan coas páxinas nas que a historia transcorre sen apenas luz. A estética do cómic está presente neste álbum con ilustracións a modo de viñetas, bocadillos e xogos tipográficos.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 23 x 30
ISBN: 978-84-8464-401-9