Unha familia normal

Kulot, Daniela Traducción: Heras, Carlos

Mamá Xirafa, papá Crocodilo e os seus fillos, Croquila e Rafolo, son unha familia feliz e normal. Viven nunha casa a medida e os bebés teñen un aspecto especial. Entre os catro, a hora do almorzo pode pasar de ser un momento cotián a unha aventura inesquecible.

A saga de Xirafa e Crocodilo medra en emoción e aventuras cos novos personaxes de Croquila e Rafolo, unha pequena xirafa verde e un pequeno crocodilo con manchas castañas. A familia aumentou e todos xuntos demostran que non só poden desenvolver unha convivencia perfectamente normal, senón que forman un bo equipo, capaz de saír airoso de calquera peripecia. O relato desenvólvese na piscina, onde unha inesperada avaría provoca un gran rebumbio do que conseguen saír airosos grazas ao enxeño dos bebés xirafa e crocodilo. Tras «Crocodilo namorado», «Unha parella diferente», «Unha casa á medida» e a súa continuación con «Unha gran sorpresa», seguen achegando historias arredor de modelos de familia distintos aos convencionais, que representan a tolerancia e o respecto á diversidade a través de animais humanizados entrañables e simpáticos.

A proposta estética destaca poela expresivida dos personaxes e polo el colorido das escenas, organizadas dun xeito que contribúe ao dinamismo do relato e ao seu ton humorístico combinando viñetas con ilustracións a toda páxina.
Leer más
Leer menos
16,50 €