Unha casa á medida
A diferenza de altura non ten por que ser un problema insalvable nesta peculiar parella de namorados. Ao pensar na convivencia, terán que aguzar o enxeño para lograr que o fogar resulte cómodo para os dous.
Os protagonistas deste relato son unha atípica parella de namorados que vencen -a base de enxeño e dun chisco de humor- as dificultades que xorden para conviviren xuntos. Porque as trabas que poden supoñer uns cantos centímetros de diferenza de estatura entre ambos os dous son amplamente superables coa forza do cariño. Unha das primeiras probas que teñen que superar é atopar unha casa común, cómoda para as súas respectivas necesidades. A solución, deseñala a medida...
Tras «Crocodilo namorado» e «Unha parella diferente», o terceiro título desta serie protagonizada por Crocodilo e Xirafa abunda nas súas divertidas peripecias, que se completan cos libros titulados «Unha familia normal» e «Unha gran sorpresa».
A obra de Daniela Kulot ten unha grande aceptación entre o público infantil por aspectos tan importantes como a elección dos personaxes, case sempre identificados con animais humanizados; a riqueza cromática das ilustracións e os temas que expón nos seus libros: historias baixo as que subxacen mensaxes de moita utilidade para a aprendizaxe e a formación das lectoras e dos lectores. Así, esta fábula moderna fala tamén de tolerancia, respecto aos demais e aceptación das diferenzas.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 23 x 30
ISBN: 978-84-8464-468-2
Premios : PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL Portugal)