Crocodilo namorado

Kulot, Daniela Traducción: Taeger, Marc e Martínez, Pilar

Este título é o primeiro dunha serie de álbumes protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. Aparentemente, a súa relación pode resultar un tanto complicada porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é aí onde Crocodilo emprega toda a súa maña, co obxectivo de facerse notar para chamar a atención de Xirafa.

Páginas: 32 Tamaño: 23 x 30 ISBN: 978-84-8464-288-6 Premios : PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL) PORTUGAL
16,00 €