Bim Bam Bum
Unha obra fresca e divertida que mostra a cara máis lúdica da infancia. Un día de praia cheo de ritmo, xogos e humor.
«Bim Bam Bum» son tres amigos que van á praia e, polo camiño, van sumando bañistas a esta sonora e onomatopeica comitiva. Seguindo un esquema baseado na repetición, nos diálogos breves e na acumulación de personaxes, a historia avanza de forma áxil, dinámica e melódica. As fendas no patrón narrativo son o factor sorpresa que incentiva a lectura con refachos de humor e frescura. A obra coa que Maria Girón gañou o XVII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado é un divertido relato de celebración da amizade; unha reivindicación do xogo infantil baseado na liberdade, no movemento, na oralidade e na imaxinación fronte ao sedentarismo, os xoguetes sofisticados e as pantallas electrónicas. Entre os protagonistas hai nenas e nenos de distintas idades, canda animais humanizados, que se desprazan a pé ou sobre rodas, que amosan a cantidade de actividades que se poden facer en plena natureza, que gozan creando poemas, como o xogo fonético que resulta ao recitar os seus nomes.
«Bim Bam Bum» é unha obra alegre e vibrante, xenuína e atemporal que non só acompaña o bo tempo, senón que tamén ilumina os días grises. O colorido de cada páxina, o trazo solto das ilustracións, a variedade de planos e o dominio do espazo formando unha secuencia de estilo cinematográfico, ademais da simpatía deste peculiar grupo de amigos, completan unha proposta que resalta o afán lúdico da infancia e a felicidade que debe prevalecer nesta etapa da vida.

Otros idiomas:
Colección: Premio Compostela
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 20 x 28
ISBN: 978-84-1343-332-5