Cinco ratiños
Guiados por Félix, cinco ratiños saen do seu tobo na procura de comida. Un a un irán atopando saborosos manxares, pero o perigo axexa… Un álbum ideal para contar cara adiante e cara atrás, que remite aos grandes temas e estruturas da tradición oral.
As aventuras de Félix e dos seus irmáns, cuxos nomes tamén empezan pola letra F, comezan nos túneles do seu tobo, que nos revelan un abraiante mundo subterráneo cheo de tesouros —chaves, bólas, pinzas, xoguetes…— en cada recuncho. Atravesando un buratiño na parede, os seus pasos continúan no interior dunha casa, onde lles agardan máis peripecias, entre deliciosos manxares (e afiados perigos).
Un caramelo, uns flocos de millo, uns amorodos… o rico olor destas e doutras viandas guía o larpeiro instinto dos «Cinco ratiños» que protagonizan esta divertida e trepidante historia de Maria Girón. Trátase dunha breve e arriscada excursión que transcorre contando do 1 ao 5 en sentido ascendente e descendente. Outros aspectos que denotan a influencia dos contos tradicionais son a estrutura repetitiva do texto e a súa cercanía á oralidade, xunto co ritmo e a axilidade do relato sumando e restando personaxes. Unha obra que, ademais, representa o valor da audacia e o triunfo do animal pequeno fronte ao grande.
O dinamismo narrativo esténdese ás ilustracións: estes inquedos roedores están en constante movemento, sobre todo cando teñen que desandar o camiño cunhas poutas e uns cairos pisándolles os calcañares (e a cola). A proposta gráfica destaca polo colorido cálido e luminoso, a variedade de perspectivas, a abundancia de detalles relacionados coa contorna doméstica e o insólito escenario ao que chega o ratiño que encabeza a expedición.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-293-9