As tres princesas pálidas
Chega a hora do relevo para o vello monarca dun reino lonxano. Un conto clásico que rima e se repite, inspirado na estética das mil e unha noites; un relato evocador que nos envolve nun universo máxico e poético.
“As tres princesas pálidas” remítenos aos contos clásicos ambientados nun tempo remoto e nun reino de ensoño, cun vello monarca que deposita no seu pobo a elección da súa sucesora. María José Martín recorre ás fórmulas propias deste xénero: a estrutura repetitiva e os diálogos rimados. Están presentes os astros, que achegan o seu compoñente máxico; tamén a natureza e a paisaxe, que no relato representan o contacto coa nai terra; e o sol, que simboliza a enerxía, o poder e a vida. Arredor destes elementos, a autora tece un universo poético e metafórico onde, ademais, resalta un abano de actitudes e emocións que van dende a cobiza á bondade, da soberbia á humildade; cualidades extensivas a todos os humanos, independentemente da súa condición.
Carole Hénaff plasma esa carga literaria en ilustracións inspiradas na estética das mil e unha noites, de trazos sinxelos, tons pastel e fondos limpos, cun xogo de perspectivas que achega dinamismo e forza expresiva. Destaca o contraste entre imaxes tenues e composicións luminosas, feitas con lapis de colores. En consonancia co texto, abundan os detalles vexetais, celestes e simbólicos, convivindo en perfecta harmonía.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 24,5 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-878-9