Smara

Unha viaxe ao deserto narrado con lirismo e certa melancolía. A avoa Ugago descóbrenos os Fillos das Nubes. A súa sabedoría enriqueceranos como persoas.

«Smara» é a historia da viaxe dun neno a un lugar do Sahara onde coñece a Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga protectora da cidade fronte aos intrusos. Ela cóntalle historias do seu pobo, os Fillos das Nubes. Partindo dunha cultura lendaria, e con grandes doses de maxia e de misterio, Paula Carballeira fai unha aposta pola melancolía, dun certo lirismo, como unha especie de reivindicación da tristura que nos fai medrar por dentro. Carole Hénaff reflicte o aspecto rústico dos asentamentos do deserto con ilustracións elaboradas con collage ou acrílicos sobre madeira, destacando a textura dos materiais e utilizando cores vivas, tan típicas das teas, das cerámicas e das especias. A súa inspiración provén da experiencia persoal tras varias viaxes a Marrocos que deron lugar a fermosos cadernos repletos de debuxos nos que plasmou as sensacións de impresión e de respecto que lle infundiu o Sahara. As súas ilustracións transpórtannos a un mar de area, onde a vista se perde no horizonte e o tempo parece deterse. As dunas nunca son iguais, parecen cobrar vida coa luz do sol, que acentúa as sombras das súas curvas e transforma as cores co paso das horas. O resultado é un traballo sublime e sinxelo, cun toque surrealista e enigmático.
Leer más
Leer menos
15,00 €