Artur e Clementina
Da sonada colección "A favor de las niñas", unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.
Hai máis de trinta anos, Adela Turin comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco tempo foi editada en España por Esther Tusquets co título «A favor de las niñas». Converteuse nunha serie de referencia para a coeducación e a igualdade, e foi traducida a varias linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo necesarios. O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.
Unha historia fabulada que -como “Rosa caramelo”, “A historia dos bonobos con lentes”, “Unha feliz catástrofe” e outros títulos da colección- pretende reivindicar o rol feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e construír un mundo mellor.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 21,5 x 27
ISBN: 978-84-8464-785-0