A historia dos bonobos con lentes

Turin, Adela Bosnia, Nella Traducción: G. Tolentino

Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar.

Hai máis de corenta anos, Adela Turin comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que pouco despois foi editada en España por Esther Tusquets co título «A favor de las niñas». Converteuse axiña nunha serie de referencia para a coeducación e a igualdade, e foi traducida a varias linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo moi necesarios. Bonobos e bonobas tiñan un status moi desigual na fraga onde vivían todos xuntos. Eles comían o que elas recolectaban; eles viaxaban, aprendían e modernizábanse pero non aceptaban que elas tamén evolucionaran e burlábanse do seu aspecto. Tiñan a errónea teoría de que a educación e o progreso do grupo ao completo era prexudicial; ata que as bonobas cansaron de aturar ese comportamento tan egoísta.

Unha historia fabulada que -como «Artur e Clementina», «Rosa caramelo» e «Unha feliz catástrofe»- pretende pór en valor o rol feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación para cambiar mentalidades e construír un mundo mellor.
Leer más
Leer menos
16,00 €