Unha feliz catástrofe
A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Rato a que atopa a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia.
A orde metódica e a monotonía marcan o día a día desta familia, na que os roles están estritamente marcados: o señor Rato sae moi estresado do traballo e regresa onda a señora Rato, que ten a casa limpa e a cea preparada, e os seus fillos, que o agardan para escoitar con atención as súas historias. Unha catástrofe pono todo patas arriba: non só os deixa sen fogar, senón que altera por completo as súas vidas. Aquela nai e esposa “agarimosa, modesta e dócil” rescata con valentía a toda a prole, habilita da nada un novo tobo e, a partir de entón, os pequenos ratiños e ela mesma comezan a experimentar emocionantes aventuras e a desenvolver novas facetas.
Adela Turin e Nella Bosnia crearon esta fábula en 1975 para revisar o lugar que ocupa a figura feminina na familia e na sociedade. Máis de 40 anos despois, a súa historia segue vixente e resulta tan necesaria como daquela, ou máis. Un relato sobre coeducación e igualdade, con altas doses de humor e de diversión, consonte unhas ilustracións de moito colorido, con personaxes humanizados e ambientadas no eido doméstico, entre obxectos cotiás e utensilios de limpeza.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 21,5 x 27
ISBN: 978-84-8464-888-8