A ratiña presumida

López Parreño, José A. Mestre, Pablo Traducción: Marisa Núñez

Conto popular. A ratiña de sempre, pero desta vez a súa voz soa a campaíña, e a do cana castañolas, e a do gato a... Un conto para contar e cantar.

“A ratiña presumida” é unha orixinal adaptación do conto tradicional que nace dun espectáculo de monicreques que José Antonio López Parreño ‘Rodorín’ representa dende hai máis de vinte anos. Na montaxe teatral os personaxes identifícanse con instrumentos musicais rústicos: a ratiña é unha campaíña de timbre agudo; o touro, unha ruidosa choca; o galo, un alegre axóuxere... A musicalidade e a eufonía do texto desempeñan un papel importante, xa que se trata dun conto pensado para ser lido, contado e cantado. Ademais, invita o público infantil a reinventar as historias de sempre a partir dos obxectos cotiás.

Tomando como referencia a metodoloxía de Bruno Munari, os xogos de luces e de sombras contribúen a plasmar o paso do tempo.

A partir desta versión, a Asociación BATA de Tratamento do Autismo realizou unha adaptación con pictogramas publicada na colección Makakiños -para persoas con necesidades de apoio educativo- que foi ilustrada por Alicia Suárez.
Leer más
Leer menos
14,00 €