O traxe novo do rei

O conto de Hans Christian Andersen, un clásico entre os clásicos, recordaranos que a riqueza non sempre conleva a elegancia e menos cando o ouro é transparente como o aire.

KALANDRAKA presenta esta adaptación do conto clásico de Hans Christian Andersen, do que destacan as súas ilustracións, a base de collage e incrustacións de material textil. A proposta estética ofrece unha segunda lectura do texto que xoga co real e o marabilloso, deixando lugar para a sorpresa, a fascinación, a extrañeza, e sempre buscando manter activo o lector. João Caetano manexa varias simboloxías e dálle ao humor un papel de grande importancia: faille chiscadelas ao lector e ironiza sutilmente, construíndo metáforas visuais nun segundo plano, como o maniquí que se mofa do rey ou a coroa do monarca.

As imaxes deste álbum foron seleccionadas para participar nunha exposición internacional organizada pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich e o Museo da Ilustración de Libros de Troisdorf (Alemaña) para conmemorar o 200 aniversario do nacemento de Andersen.
Leer más
Leer menos
14,00 €