Unha longa viaxe
Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, unha obra oportuna e necesaria para a reflexión, a esperanza e a solidariedade con millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e en liberdade, nun mundo sen fronteiras.
Esta é a historia de dúas viaxes que transcorren paralelamente e se entrelazan nesta obra repleta de sensibilidade e delicadeza: unha gansa e a súa cría emprenden o traxecto migratorio cara ás terras cálidas do sur, mentres que unha familia que habita nun territorio en guerra emprende a fuxida cara ao norte. O relato de ambas aventuras coincide en plasmar o temor dos viaxeiros mozos fronte ao desafío, as inclemencias meteorolóxicas que frean o seu voo e os seus pasos, o encontro con outros grupos nas respectivas rutas de tránsito, a escaseza de alimentos, os depredadores e as mafias, o desánimo que agroma polo cansazo en contraposición á confianza e á esperanza que intentan infundir os adultos. E por fin, o maior reto: atravesar o mar, o punto onde as traxectorias se cruzan, con destino desigual. Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, esta obra oportuna e necesaria de Daniel Hernández Chambers e Federico Delicado alenta a reflexión cunha ollada tenra e dura á vez: tenra por reflectir o lado máis humano dun conflito tamizado pola metáfora das aves; dura pola contundencia dun final que nos sitúa ante a crúa realidade.
As ilustracións descritivas e naturalistas -non exentas de coidados elementos simbólicos- reforzan a mensaxe. Son imaxes de gran plasticidade que transmiten emocións: a tristura, a penuria, a extenuación… e malia todo, a loita, a dignidade, os soños… de millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e libertade.
As ilustracións descritivas e naturalistas -non exentas de coidados elementos simbólicos- reforzan a mensaxe. Son imaxes de gran plasticidade que transmiten emocións: a tristura, a penuria, a extenuación… e malia todo, a loita, a dignidade, os soños… de millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e libertade.
Colección: Libros para soñar solidarios
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 48
Tamaño: 22,5 x 25
ISBN: 978-84-8464-410-1
Premios : LISTA DE HONRA IBBY 2020 (ILUSTRACIÓN)