Pintor, David

Pintor, David

(Corunha, Espanha, 1975)

Humorista gráfico, ilustrador e pintor. Dende 1993 pertence a Pinto&Chinto, que publican as súas viñetas en La Voz de Galicia. Foi finalista dos CJ Picture Book Awards (2011) e incluido na lista The White Ravens (2009, 2011 e 2014); seleccionado para expoñer a súa obra en varias edicións da Bienal de Ilustración de Bratislava e da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Recibiu, entre outros, o premio da Society of News Design, o Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración, o Premio Internacional Clermont-Ferrand de cadernos de viaxe, o Premio Ilustrador do Ano Città del Sol e o 2º Premio da Feira do Libro de Sharjah (Dubai) polas ilustracións de “Almanaque musical”.

http://www.davidpintor.com

2 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página