BERNARDO ATXAGA PRESENTA "EXTERIORES DO PARAÍSO" EN VIGO

BERNARDO ATXAGA PRESENTA

O escritor Bernardo Atxaga presentará a súa nova obra, «Exteriores do paraíso», este luns 4 de decembro a partir de las 20:00 horas na libraría Cartabón (Urzáiz, 125) de Vigo. "Fixen o meu debuxo máis íntimo, xenuíno e verdadeiro”, ten afirmado o autor sobre este texto publicado por KALANDRAKA, con tradución de Isaac Xubín. “Quere saber como é este home? Lea este libro", engade Atxaga, que conversará co profesor, escritor e crítico literario Ramón Nicolás, tradutor das súas novelas «Sete casas en Francia» e a célebre «Obabakoak».

«Exteriores do paraíso» é un artefacto literario, un híbrido que vadea os límites da narrativa, da poesía e da autobiografía; unha lectura diferente que permite viaxar por unha paisaxe onde conviven formas e materias que rara vez soen ir xuntas. Á narración melancólica séguenlle uns versos que fan rir; ao apunte autobiográfico súmase o relato dunha lectura pública singular ou unha extravagante conferencia sobre literatura.

Máis aló da súa variedade formal e estilística, as páxinas desta obra, de estrutura ordeada e clara, comparten un mesmo fondo: volven unha e outra vez sobre o amor, o medo e a morte; os temas que, dende a primeira gripe de Adán —sinal do seu alonxamento do paraíso— acompañan a todas as persoas deste mundo.

«Exteriores do paraíso» é un libro esencial na extensa e recoñecida traxectoria de Bernardo Atxaga, membro da Academia da Lingua Vasca e unha das figuras máis destacadas das nosas letras: Premio Euskadi, Premio Nacional de Narrativa, Premio Grinzane Cavour, Premio Mondello, Premio Times Literary Supplement Translation, e finalista do European Literary Award, do Independent Foreign Fiction Prize e do Oxford Weideenfeld Translation Prize.

December 4 2023

Dettagli

Cominciare: December 4, 2023, 8:00 PM
Fin: December 4, 2023, 9:00 PM
Indirizzo: r/ Urzáiz, 125. Vigo

Sede

Libraría Cartabón

+ Google Map