Sete casas en Francia

Atxaga, Bernardo Traducción: Ramón Nicolás

Chrysostome Liège asinou o contrato para servir na Force Publique do rei Leopoldo a comezos de 1903, e chegou ao seu destino no Congo en agosto do mesmo ano tras viaxar en paquebote de Anveres a Matadi, despois en tren até Léopoldville, e logo ao final nun pequeno vapor, o Princesse Clémentine, deica o destacamento militar de Yangambi. Narrada con ironía e sarcasmo, con diálogos e bastante movemento de personaxes, esta obra reflicte a faciana monstruosa do ser humano e fainos reflexionar sobre o valor da vida e da morte, sobre a ambición desmedida, a traizón e a paixón.

Ilustración de cuberta de MARC TAEGER

En 1885 a Conferencia de Berlín recoñeceu a propiedade do rei Leopoldo II de Bélxica sobre o Estado Libre do Congo. Nos seguintes 30 anos, coa anuencia das potencias coloniais europeas e o consentemento das autoridades relixiosas, as forzas militares belgas cometeron un dos maiores xenocidios na historia da humanidade. Atxaga regresa dunha beca dun ano na Universidade de Reno (Nevada) cunha novela de prosa trepidante que marca un importante xiro no seu estilo narrativo, adoptando por primeira vez un ton cómico e grotesco para abordar a época colonial do Congo belga. Narrada con ironía e sarcasmo, con diálogos e bastante movemento de personaxes, esta obra reflicte a faciana monstruosa do ser humano e fainos reflexionar sobre o valor da vida e da morte, sobre a ambición desmedida, a traizón e a paixón. Todo isto encadrado nun territorio que, por desgraza, aínda padece as consecuencias dese escuro episodio histórico.

Moitos escritores abordaron aqueles sucesos, dende Marc Twain ata Connan Doyle ou Joseph Conrad, do que FAKTORÍA K vén de publicar “No corazón do negror”. Pero as referencias de Atxaga a eses textos son marxinais; non hai crónica xornalística nen denuncia directa nesta novela, que incorpora elementos propios do xénero de aventuras.

No posto militar de Tangabi, situado no curso alto do río Congo, está instalado un destacamento da Force Publique, a cabalo do tedio e da cobiza. Alí goberna o capitán Lalande Biran, excelente militar e recoñecido poeta. A vida tanscorre monótona e aborrecida, mais a chegada de Chrysostome Liège, un militar moi peculiar, provoca un cambio substancial no estado das cousas...
Leer más
Leer menos
19,50 €

Otros idiomas: