Trigo, Ramón

Trigo, Ramón

(Vigo, 1965)

De formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística como ilustrador e debuxante de cómic en xornais e revistas especializadas. As súas primeiras obras pictóricas datan da década de 1980; dende entón ilustra libros para varias editoriais e realiza exposicións, ademais da súa faceta como escultor. A súa obra presentouse en Alemaña, Bélxica, Lituania, Italia e Portugal. Foi incluído na selección The White Ravens. Entre os galardóns que recibiu figuran o Premio Arte Xoven Galego, os premios de álbum ilustrado infantil Cidade de Alacante e Cabildo de Gran Canaria, o Premio Lazarillo e o Premio Isaac Díaz Pardo.

http://www.ramontrigo.com

2 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página