Ungerer, Tomi

Ungerer, Tomi

(Estrasburgo, 1931 - Cork, 2019)

Dous feitos marcaron a súa nenez: a morte do seu pai cando el tiña catro anos, e a ocupación nazi en Alsacia durante a II Guerra Mundial, que lle obrigou a estudar en alemán. As súas primeiras ilustracións, cheas de frescura, eran de ambiente bélico, cun fondo rexeitamento á guerra e ao fascismo. En 1956 emigrou a Nova York, onde comezou a escribir libros infantís. Con Los Melops se lanzan a volar (1957) iniciou unha exitosa traxectoria publicando debuxos e viñetas en medios como The New Yorker, Esquire, Life Show ou Fortune. Xa no cumio da súa carreira, Ungerer reaccionou contra a hipocresía e a superficialidade da sociedade americana con títulos como The Party (1966), Fornicon (1970) e America (1974). Logo mudouse a unha granxa en Canadá e a finais dos 70 trasladouse coa súa familia a Irlanda. A súa produción, que abarca 40 anos de creación, calcúlase entre 30.000 e 40.000 ilustracións de diferentes estilos, e máis de 120 libros. Pola súa obra recibiu a Medalla de Ouro da Sociedade de Ilustradores e o Premio Hans Christian Andersen en 1998, entre outros. Tras retirarse como ilustrador, desenvolveu outra faceta de filántropo, volcado en causas humanitarias como a protección da infancia ou a atención a enfermos.

https://www.tomiungerer.com

https://www.musees.strasbourg.eu/musee-tomi-ungerer

7 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página