Emilio

Ungerer, Tomi Traducción: Sandra e Óscar Senra Gómez

Salvar un famoso mergullador do ataque dun tiburón é a primeira fazaña dun intrépido polbo, á que seguirán outras divertidas aventuras.

“Emilio” é un clásico de 1960 que narra as aventuras dun valente e nobre pulpo. Á súa proeza salvando un mergullador do ataque dun tiburón, seguíronlle outras fazañas como socorrista e unha brillante colaboración cos axentes da orde para capturar uns perigosos delincuentes. Despois da boa “Críctor” (1958) e da canguro “Adelaida” (1959), Tomi Ungerer volve escoller un animal pouco convencional para protagonizar unha historia heroica, aberta ao humor e á imaxinación. Curiosamente, dende 1990, Tomi Ungerer é presidente de honra a nivel europeo da Sociedade para a Prevención do Maltrato Animal. Atribuíndolle virtudes humanas, como a valentía, a afouteza, a intelixencia, a simpatía ou a entrega desinteresada aos demais, o autor constrúe arredor de Emilio un relato sinxelo para primeiros lectores, con altas doses de acción e de emoción. O triunfo do ben sobre o mal, a amizade e a gratitude tamén están presentes nesta divertida obra.

Dende o punto de vista plástico, as ilustracións destacan pola súa simple paleta de cores a base de tons verdes e ocres. Son imaxes para deterse nos detalles, na expresividade dos personaxes e nas trazas cómicas.
Leer más
Leer menos
16,00 €