Rufus. O morcego que adoraba as cores
Canso da noite e da súa escura vestimenta, este morcego decidiu pintarse de cores e voar de día, mais... non foi unha tan boa idea!
“Rufus” é un clásico de 1961 ao que precederon outros álbums destacados nos que Tomi Ungerer elixía animais pouco convencionais como protagonistas: a boa “Críctor” (1958), a canguro “Adelaida” (1959) e o polbo “Emilio” (1960) tamén encarnaron intrépidas aventuras. Na historia do morcego que adoraba as cores, o autor critica os prexuízos da sociedade cara a quen é diferente ou se aparta dos canons establecidos. Porque cando Rufus descobre a luminosidade do amencer e decide pintarse de rosa, azul, violeta, verde… a xente reacciona con agresividade e violencia. Pero grazas á sensibilidade dun doutor, o pequeno quiróptero cura das feridas. El axúdao a aceptar a negrura do seu aspecto e a súa natureza nocturna, que non serán obstáculo para que entre eles continúe a amizade.
Como en “Os tres bandidos”, Tomi Ungerer xoga cos contrastes, non só a nivel narrativo, senón tamén estético: de trazos grosos, as ilustracións destacan por alternar fondos escuros e claros sobre os que sobresaen os personaxes e outras figuras.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 20 x 28
ISBN: 978-84-8464-315-9