Oxenbury, Helen

Oxenbury, Helen

(Ipswich, Reino Unido, 1938)

Estudou na Escola de Arte de Ipswich e na Escola Central de Arte e Deseño de Londres, onde coñeceu o seu marido, o autor e ilustrador John Burningham. Traballou como deseñadora e escenógrafa en compañías de teatro, na cadea de televisión ABC e nos estudios cinematográficos Shepperton. Dende 1967 desenvolveu unha importante carreira como autora e ilustradora de libros infantís. Vendéronse millóns de exemplares das súas obras en todo o mundo. Recibiu en dúas ocasións a Medalla Kate Greenaway e o Premio Kurt Maschler, e ata tres veces o Premio Smarties Book, ademais do recoñecemento da Asociación Británica de Bibliotecarios.

2 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página