Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés
Dende o ártico ao deserto, en calquera continente, cidade ou tribo, todos os bebés nacen con dez dedos e dez dedas. Tenrura rimada, repetitiva e acumulativa para viaxar polo mundo en clave de diversidade e igualdade.
“Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés” é un tenro álbum ilustrado para pre-lectores e primeiros lectores que, a partir dun sinxelo texto rimado, estrutura repetitiva e fórmula acumulativa, amosa varios bebés nacidos en distintos lugares do mundo, destacando o que teñen en común: dez dedos e dez dedas. O ton rítmico do texto favorece a lectura en voz alta e a participación dos destinatarios. Dende un lonxano recuncho entre montañas ao hospital máis próximo, dende o ártico ao deserto, dende unha cidade á fraga, en calquera continente e hemisferio, as nenas e os nenos que protagonizan este relato de Mem Fox son unha mostra da diversidade humana en termos de etnias e culturas. Tamén son exemplo da inocencia, da igualdade, da espontaneidade, da tolerancia e da convivencia en harmonía que practicamos na nenez, sen as barreiras nin os prexuízos sociais que se van interpoñendo entre as persoas segundo avanzan á idade adulta.
As ilustracións figurativas de Helen Oxenbury destacan pola expresividade dos rostros e polo dinamismo nos corpos dos meniños, interactuando entre eles: os sorrisos e os xestos de curiosidade súmanse aos xogos e ás apertas, interpelando constantemente os lectores con olladas cómplices mentres amosan os dedos e as dedas. Tampouco falta a figura materna nestas páxinas cheas de dozura e de amor.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 27,5 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-382-1