Imos cazar un oso
Atravesando un campo de herba, un bosque, un río... cazar un oso é unha aventura chea de emoción e imprevistos na que pode involucrarse toda a familia.
Un pai e os seus catro fillos inician unha aventura que os levará a ir atravesando un campo de herba, un río, un bosque... ata que finalmente chegan a unha cova na que aparece un oso que os fai fuxir desandando a toda présa o camiño de volta á casa. A partir dunha canción tradicional, Michael Rosen elabora un texto sinxelo cunha estrutura rimada e repetitiva que, no clímax do relato, invirte a orde de todas as accións. É un álbum ideal para primeiros lectores. Ao intercalar onomatopeas que describen os movementos da familia, resulta un conto moi dinámico. Ademais, recrea un ambiente sonoro propicio para ser contado e para involucrar o público infantil na narración. Dende o punto de vista artístico, “Imos cazar un oso” comeza na mesma portada e, incluídas as gardas, ofrece acuarelas a dobre páxina que enchen a vista con paisaxes e panorámicas nas que destaca a representación da natureza. Helen Oxenbury -que para crear os personaxes inspirouse nos seus fillos e mesmo no seu propio can- fai un xogo visual ao alternar imaxes en branco e negro con ilustracións en color para diferenciar os planos nos que a familia se dispón a afrontar cada obstáculo, coas escenas nas que se describe como van evolucionando os protagonistas. Son ilustracións que van mudando de tons luminosos e lixeiros a cores densas e escuras a medida que se vai acrecentando o suspense para volver á claridade do fogar.
Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 28,5 x 25,5
ISBN: 978-84-8464-803-1