Reixa, Antón

Reixa, Antón

(Vigo, 1957)

Artista multimedia, escritor, autor de poemarios, obras de teatro e novelas, director e produtor de cine. Deixou a docencia pola música. É un dos representantes máis senlleiros da cultura galega, na poesía nos anos 70 coa fundación do Grupo Rompente e no rock subversivo de Os Resentidos nos 80, que foi artífice de grandes himnos actuais, e ao que lle sucedeu nos 90 o proxecto Nación Reixa. No terreo audiovisual dirixiu a serie «Mareas Vivas» na TVG, que bateu marcas de audiencia, adaptou para o cinema e dirixiu a novela de Manuel Rivas «O lapis do carpinteiro», ademais da longametraxe «Hotel Tívoli», e produciu na televisión autonómica o programa «Somos unha potenzia».

2 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página