Enciclopedia perplexidade (escolma poética 1976-2023)
Unha obra para achegarse ao universo creativo dunha das figuras máis destacadas e polifacéticas da cultura galega contemporánea. Prólogo de Xabier Cordal Ilustración de cuberta Pablo Mestre
Tras “Melancoholemia. Vida de mamarracho”, Antón Reixa recunca na colección Rizomas con “Enciclopedia perplexidade”, unha escolma dos seus poemarios publicados entre 1976 e 2023. Daqueles primeiros anos son “Crebade as liras”, “Silabario da turbina” e “A dama que fala” -ambos co Grupo Rompente- e “As ladillas do travesti”, aos que se sumaron nas dúas décadas seguinte obras como “Historia do rock and roll”, “Transporte de superficie”, “Ringo Rango” ou “Escarnio”. Os últimos vinte anos están marcados por títulos como “Látego de algas”, “Leccións de cousas”, “Algo raro pasa raro”, “Michigan, acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma”, “Outlet” e o recente “2ª man”. É precisamente a pegada do tempo o que sitúa a Reixa nun “punto de vista perplexo sobre o mundo e sobre a vida”, ten afirmado o autor. “Cando habitas no absurdo militantemente e cres que o absurdo é un ben común, o único ecosistema individual é a perplexidade”, engade, argumentando que se trataría dunha “forma intelixente de escenificar o caos”.
No limiar o profesor e escritor Xabier Cordal refírese a Reixa como unha das figuras máis destacadas da cultura galega contemporánea que, ante a multiplicidade de facetas que compoñen a súa traxectoria (cine, televisión, radio, música, videoarte, performance…), ten a poesía no primeiro lugar. Analizando a súa obra, os primeiros títulos quedaban “a medio camiño entre o xesto pop/punk e a vangarda surrealista”. Do “surrealismo social” beben, precisamente, os seus versos, que abranguen unha extensa temática: a estrañeza do cotiá, as fraudes do idealismo, o inconsciente, a decadencia, o desexo e o tabú, a depredación capitalista, a violencia colonial en Galicia e noutros pobos próximos… resume Cordal.
Da sociedade en descomposición reflexiona amplamente este “suxeito perplexo” a base de frases sincopadas -funki, reggae, rap e músicas fronteirizas son os seus referentes- que amosan a súa capacidade para observar “diálogos e territorios”. Aínda que nin sequera cando escribe prosa, teatro ou guións para videoclips, “poucas veces deixa de ser poeta”.

Colección: Rizomas
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 176
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-19213-50-1