Melancoholemia. Vida de mamarracho

O pasmo, o enigma da forma de ser e de estar na vida.

Sabemos como lle comezou a Persoa o pasmo, a melancoholemia, pero non como acabará.

Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radical entre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidade como actitude vital fronte ao sedante do conformismo xorde «Melancoholemia. Vida de Mamarracho». O protagonista deste sorprendente e descarnado relato é o anfitrión na xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental que, dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético e sen personalidade que percorre lugares (e tempos) insólitos -dende «O Xardín das Delicias» do Bosco ata os restos sumerxidos do submariño ruso Kusk, pasando pola antiga Suevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea: coñecidas marcas comerciais, personaxes de cómic, o fracasado proxecto do mundo virtual Second Life, iconas do patrimonio histórico e cultural galego…

Antón Reixa canaliza, a través da ironía e do humor, a súa conciencia crítica; a capacidade para revelar a parte oculta do iceberg poñendo o foco sobre aspectos cotiás: velaí a crise, o despoboamento, o colapso ecolóxico, o poder totalitario, a identidade colectiva e outros desfíos da posmodernidade. Co apoio dunha variopinta escolma de imaxes de Antonio Segade, a palabra -e a súa representación- adquire o protagonismo desta obra impresa que conta cunha versión escénica, híbrido multidisciplinar entre performance, videocreación e dramaturxia.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: