FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: FERNANDO PÉREZ HERNANDO PRESENTA "CHIRIMIRI"

FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: FERNANDO PÉREZ HERNANDO PRESENTA

O autor e ilustrador vallisoletano Fernando Pérez Hernando tamén presentará o seu novo libro, «Chuvisca», o martes 8 a partir de las 17:30 horas. A actividade, dirixida a nenas e nenos maiores de 3 anos, consistirá nunha sesión de contos a partir deste relato que comeza cun ballón que empapa o fogar dunha familia de aves, cuxos protagonistas aprenden os uns dos outros a partir desa experiencia.

«Chuvisca» tamén propón unha certa metáfora desta sociedade individualista que, dende a solidariedade, a convivencia, a colectividade e a comunicación, pode mellorar. Fernando Pérez Hernando converte as vogais nun recurso para xogar, estimulando a habilidade das lectoras e dos lectores para descifrar palabras e resaltando a importancia destes cinco signos e sons para artellar a nosa linguaxe. O autor crea un xogo fónico que asocia os cinco personaxes do libro con cada unha destas letras.

Formado na Escola de Arte de Valladolid e graduado en Educación Primaria na Facultade de Educación e Traballo Social da mesma cidade, Fernando Pérez Hernando especializouse en álbum ilustrado e gravado. «Chuvisca», que foi finalista nos Premios A de Literatura Infantil 2023, é o seu segundo libro no catálogo de KALANDRAKA, logo de «A escada vermella».

August 8 2023

Detalls

Començar: August 8, 2023, 5:30 PM
Final: August 8, 2023, 6:30 PM
Dirección: Xardíns de Méndez Núñez

Sede

Feira do Libro da Coruña

+ Google Map