Chuvisca

Pérez Hernando, Fernando Traducción: Manuela Rodríguez

–¿Momú, mimé, mumí, mimó, estemos empopedos e non sobemos que focer!SÓ FALTA O A DE MAMÁ.

Dunha adversidade, como a chuvia que enchoupa o fogar dunha familia de aves, xorde a oportunidade para que os seus habitantes aprendan os uns dos outros e enriquezan mutuamente os seus coñecementos, coa axuda dunha sabia mamá paxaro. «Chuvisca» é un álbum ilustrado que, dende a sinxeleza, presenta unha historia circular; unha certa metáfora desta sociedade individualista que, dende a solidariedade, a convivencia, a colectividade e a comunicación, pode mellorar. Fernando Pérez Hernando converte as vogais nun recurso para xogar, estimulando a habilidade das lectoras e dos lectores para descifrar palabras e resaltando a importancia destes cinco signos e sons para artellar a nosa linguaxe. O autor propón un xogo fónico que asocia os cinco protagonistas con cada unha destas letras.

Dende o punto de vista narrativo trátase dun relato con estrutura acumulativa. A nivel gráfico, destaca pola súa economía de recursos, xa que toda a acción transcorre nun único escenario onde, a través de distintos planos, preséntanse uns simpáticos personaxes e as súas peripecias. O humor vai incrementando o seu protagonismo a cada páxina ata un final redondo que invita ao sorriso.
Leer más
Leer menos
14,00 €
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o