A escada vermella
Quería chegar máis e máis alto pero, en vez de axitar as súas ás, utilizaba unha escada... Cantas veces temos necesitado unha inxección de seguridade e de confianza para acadar os nosos obxectivos!
Protagonizado por un paxaro inxenuo e un enxeñoso coello, «A escada vermella» é un divertido álbum para pre-lectores e primeiros lectores que destaca pola sinxeleza da súa proposta estética, figurativa e cun plantexamento secuencial. Unha parte do relato é acumulativa, en tanto enumera accións e elementos que se repiten de forma consecutiva en sentido ascendente e descendente, creando un xogo mnemotécnico. A nivel narrativo presenta un sinxelo vocabulario que se complementa con antónimos que levan a lectura ata un desenlace onde se unen a lóxica e o humor.
Fronte á tenacide do coello, a actitude do paxaro ten que ver coa falta de confianza na súa propia capacidade para acadar un obxectivo. Fernando Pérez Hernando propón pensar na esencia das cousas e das persoas, ao lembrarnos a cantidade de complicacións e de rodeos que damos -de aí o carácter simbólico da escada- para conseguir o que poderiamos lograr dunha forma sinxela, se tiveramos máis seguridade en nós mesmos.
A modo de fotogramas, as ilustracións -elaboradas con témpera e lapis de cor- seguen unha pauta cinematográfica. As tonalidades intensas, a alternancia de primeiros planos e planos xerais e os acenos á fantasía, completan esta simpática historia de trasfondo autobiográfico.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-129-1