Paco
Un ratiño entrañable vai á Lúa. E pronto saberemos que a Lúa non é de queixo fresco, pero si moi tenra.
Cando chegou á Lúa, Paco decatouse de que non todo era como el pensara e sentiu morriña de canto deixara atrás ao emprender a viaxe. Pero descubriu tamén que a Lúa pode ser un fogar acolledor e melodioso. “Paco” é unha obra poética que fala de nostalxia e de sentimentos, que contaxia tenrura e transmite harmonía. Pola sinxeleza do texto e pola tipografía con letras maiúsculas, é ideal para primeiros lectores, que son partícipes dun relato que combina ilusión e aventuras, que nos transporta ao mundo máxico das estrelas, e que remite á importancia das cousas sinxelas que non se valoran abondo.
As ilustracións, elaboradas a base de collage e ceras brandas, destacan pola súa calidez, polo xogo de planos e de perspectivas, e pola combinación de secuencias consecutivas nunha mesma escena, un aspecto que lle proporciona dinamismo ás imaxes.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-070-7
Premios : PROGRAMA NACIONAL DE LECTURA (SEP México) - 2006