O principio

Malia os efectos crueis e devastadores dunha guerra, este relato poético contado dende a infancia e que nos transporta con todo detallismo ata onde estouran as bombas, é unha mensaxe de esperanza.

“O principio” reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. Paula Carballeira é quen de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións hiperrealistas de Sonja Danowski trasladan os lectores ata as mesmas ruínas dos bombardeos. Esta obra sensible e tenra é tamén unha homenaxe ao libro como ferramenta pacífica, ás bibliotecas como faros luminosos de sabedoría que se apagan alí onde se instaura a violencia, á palabra oral como alimento da alma. Malia todo, “O principio” transmite unha mensaxe de esperanza: a vida continúa, a risa flúe contaxiosa, os nenos non poden deixar de vivir a súa infancia aínda que un conflicto bélico queira arrebatarlla.
Leer más
Leer menos
14,00 €