Río Bravo
A colección Biblioteca de Teatro iníciase co texto dunha das obras máis representadas da escena galega: un intenso musical que espreme os clixés do western. Para celebrar os 30 anos de Chévere ao son de "Xum... Flaca! Flaca!".
Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase “Río Bravo”, onde os homes son homes e as mulleres tamén. Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western» e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas, configurando unha atmosfera propicia para ensanchar o imaxinario colectivo dun xénero tan icónico como os filmes de vaqueiros. Ambiente de salón e cadea, golpes e caídas, un elenco onde non faltan os tipos duros, a muller de mala vida, os indios, un xuíz, o telegrafista… Estreada en Santiago en 1990, “Río Bravo” é unha das obras máis representadas do teatro galego e un referente para varias xeracións de espectadores e espectadoras. Pero sobre todo é un claro exemplo de que o teatro de Chévere “está feito para ser escoitado e visto ao vivo”, explica a compañía. A presente edición, que marca o inicio da Biblioteca de Teatro de KALANDRAKA, baséase na versión da propia compañía feita no ano 2002.
Esta colección de textos, que continúa con “Annus Horríbilis e outros musicais”, pretende documentar un teatro “feito a pé de escenario”. Así, a obra describe dun xeito máis ou menos detallado as accións que transcorren na función, as situacións que fundamentan a trama ou os movementos dos personaxes. Con todo, os lectores conseguen imaxinar “como se constrúe ese texto” sobre as táboas, algo que Chévere materializa con solucións imaxinativas e orixinais que fan de cada montaxe algo “único e irrepetible”.
Disparatada e festiva, esta comedia para todos os públicos marca o punto de inflexión no que o grupo se atopou consigo mesmo, emprendendo o camiño firme e constante cara á busca da súa identidade.

Colección: No ficción
Edad recomendada: A partir de 16 años
Páginas: 96
Tamaño: 16 x 22,5
ISBN: 978-84-8464-320-3