Citizen
Inspirándose no filme "Citizen Kane" de Orson Welles, Chévere conta a historia de A. O., un empresario galego do téxtil que dende os anos 80 amasou unha gran fortuna. Teatro documental, performance, comedia e audiovisual que se pregunta onde empeza a realidade e onde remata a ficción.
“Citizen” é teatro de texto, teatro documental, performance, comedia, audiovisual. Esta obra pregúntase onde empeza a realidade e onde remata a ficción. É o que para Chévere significa facer teatro aquí e agora. Trátase dunha ficción baseada na figura de Amancio Ortega, que nos últimos 40 anos creou un imperio global afincado en Galicia, na periferia do sistema económico. Con este trasfondo, “Citizen” é unha oportunidade para reflexionar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas. Inspírase na película «Citizen Kane» de Orson Welles, que conta a historia de Charles Foster Kane, un empresario norteamericano da comunicación que chegou a ser unha das persoas máis ricas e poderosas do mundo a principios do século XX. Paralelamente, Chévere conta a historia de A. O., un empresario galego do téxtil que dende os anos 80 amasou unha das maiores fortunas internacionais. Se o filme comeza coa morte do magnate, a peza teatral parte da morte de Francisco Franco; se «Rosebud» foi a derradeira palabra do referente cinematográfico, “Citizen” xoga coa pronuncia de «Globalization» no alento final do ditador.
O proxecto de “Citizen” consta de tres espectáculos autónomos que se foron estreando na Sala NASA de Compostela na tempada 2010-2011, ao xeito dunha obra de teatro por episodios. Da suma dos capítulos xurdiu un novo espectáculo de case catro horas que se estreou en marzo de 2011. Esta creación colectiva de Chévere -escrita por Manuel Cortés e dirixida por Xesús Ron- recibiu o Premio da Crítica de Galicia 2011 e cinco Premios María Casares en 2012.
Como explica o director, “Citizen” non existiría sen a Sala NASA; foi a última creación de Chévere feita integramente nese espazo e permitiu aplicar novos procesos de traballo e de produción combinando a aposta pola investigación e o desenvolvemento de múltiples recursos escénicos. O resultado foi “un teatro fabricado á man, lento e imperfecto, de proximidade, reciclado, fiable, duradeiro, reparable, con interpretacións naturais pouco procesadas, sen artificio inútil e sen aditivos innecesarios”.

Colección: No ficción
Edad recomendada: A partir de 16 años
Páginas: 160
Tamaño: 16 x 22,5
ISBN: 978-84-8464-456-9
Premios : PREMIO GALA DO LIBRO GALEGO (TEATRO) 2020