Chévere 1987 - 2022 trinta e cinco anos de axitación cultural. Isto non pode ser obra de galegos!

Autobiografía da compañía teatral dende os seus comezos até a actualidade. Un diálogo a catro voces, acompañado de abundante material gráfico.

Chévere fai 35 anos e celébrao, logo de dous anos de estrañas circunstancias, traballando arreo e reencontrándose co público para ofrecerlle de novo algunhas das súas creacións máis senlleiras. Como parte desta celebración sae do prelo un volume no que os lectores e lectoras, poderán afondar na historia da compañía dende os comezos, na Compostela de 1987, ata os últimos acontecementos logo da pandemia, pasando pola etapa da Sala Nasa, o Nunca Máis ou o Premio Nacional de Teatro concedido polo Ministerio de Cultura no ano 2014 pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.

Narrada en primeira persoa nun formato dialogado e acompañada de abundante material gráfico, esta obra achéganos da man dos seus integrantes ao proceso de creación das súas producións máis significativas, algunhas editadas xa por Kalandraka na Biblioteca de Teatro.
Leer más
Leer menos
39,00 €