Fábulas de Esopo
Preguiza, ambición, fachenda, mentira... fronte a prudencia, esforzo, bondade, astucia... Defectos e virtudes humanos contados con perspectiva animal.
Hai máis de 2.500 anos que o escravo Esopo, un famoso personaxe da Grecia clásica, escribiu as súas fábulas, que foron documentadas por figuras senlleiras como o historiador Herodoto, o filósofo Platón e o comediógrafo Aristófanes. Desde entón, estas breves e exemplares historias protagonizadas principalmente por animais personificados que falan, foron difundíndose ao longo dos séculos en todas as linguas e por todo o mundo. Este libro reúne unha selección dos textos máis coñecidos deste autor, presentados cun estilo narrativo actual e literario para que o público infantil se achegue ás fábulas na nosa lingua e manteña viva a memoria dun xénero que lle aportou moito á literatura galega e universal.
“A cigarra e a formiga”, “A leiteira” ou “A raposa e as uvas” son algúns dos relatos propostos, caracterizados pola finalidade didáctica e pola ensinanza ou o consello final, cos que advirten sobre as consecuencias dos comportamentos reprobables: preguiza, ambición, fachenda, mentira… que se poden contrapoñer con virtudes como o esforzo, a prudencia, a bondade ou a astucia.
Dani Padrón acompaña as fábulas con ilustracións de cores intensas e suaves texturas nas que destaca a expresividade dos personaxes; figuras esveltas e dinámicas que transmiten a retórica humorística e retranqueira dos contos.

Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 56
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-405-7