As pescadoras
Que ule mellor? As flores? O peixe? Para gustos, pintan [c]olores. Un conto tradicional hindú escenificado cunha delicada e suxestiva proposta estética.
“As pescadoras” é unha adaptación dun conto tradicional da India que destaca polo seu poder evocador dos sentidos a través da descrición de lugares, sons, aromas… Chama moito a atención a fermosa e delicada proposta plástica, a base de minuciosas escenografías con pequenas figuras: personaxes, obxectos e adornos elaborados con madeira, cartón, aramios ou elementos téxtiles, entre outros materiais. As protagonistas son sorprendidas por unha forte tormenta e atopan acubillo na casa dunha hospitalaria florista. Alí descobren que, ante o intenso olor a flores da habitación onde esta lles ofrece repouso, prefiren descansar ulindo a redes, peixes, algas e salitre.
Así, o relato presenta o concepto do relativo: que cheira mellor, as flores ou o pescado? Expón tamén o carácter subxectivo de determinadas convencións, costumes ou usos culturais. Ademais, alude a situacións que teñen que ver co esforzo no traballo, a solidariedade ante as adversidades ou a capacidade creativa das persoas para solucionar os problemas que xorden.

Otros idiomas:
Colección: Álbum ilustrado
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-283-1
Premios : MENCIÓN DO XURADO DO VII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA
DE ÁLBUM ILUSTRADO