O tranvía número Flor

Delicado, Federico Risari, Guia Traducción: Ballesteros, Xosé

Un álbum sobre a amizade e o poder transformador da palabra e da imaxinación. Unha viaxe extraordinaria a través de paisaxes fantásticas, quizais novas ou quizais gardadas nos nosos soños.

“Todo é posible” para quen abre a súa mente á fantasía´e ao asombro. «O tranvía número flor» ofrécenos unha viaxe incrible por terra, aire e mar facendo parada en lugares marabillosos, compartindo asento con insólitos pasaxeiros que vibran de entusiasmo e ven como se disipan os sentimentos máis grises. É o que lles ocorre aos protagonistas deste fermoso e sorprendente relato creado por Guia Risari e ilustrado por Federico Delicado. Omar, que estraña o seu país de orixe, e Laura, coa súa desbordante inventiva, son dous nenos que viven unha experiencia única coa que estreitan a súa amizade.


Da complicidade do texto e das imaxes xorde un xogo que cuestiona os límites da realidade. Trátase dunha proposta literaria que combina breves diálogos con descricións suxestivas e estimulantes a nivel sensorial.


Imposible abstraerse á beleza dunhas ilustracións tecnicamente maxistrais que —con referencias ao poder da lectura— reforzan ese caudal onírico con exuberantes e exóticas paisaxes, onde o detallismo dos escenarios contrasta coa presenza de elementos surrealistas, enigmáticos, de fondo calado filosófico. Brillantes achegas que abren posibilidades de reflexión e de diálogo en cada páxina, convertendo «O tranvía número flor» nunha historia que vai máis aló das palabras.

Leer más
Leer menos
16,00 €