A esfera celeste
O conflito entre ciencia e mais fe nunha novela de aventuras arredor da figura do astrónomo Edmund Halley.
Ilustración de cuberta: Adrià Fruitós.
Ambientada na década de 1680, nos albores da Ilustración, a ciencia e a fe enfróntanse nesta emotiva historia. Angus é un campesiño de sete anos que vive coa súa nai e coa súa irmá na illa atlántica de Santa Helena, pertencente ao reino británico e dominada por un despótico gobernador. Ninguén na aldea quere a esta familia, que só conta coa protección do reverendo Burch. A tarefa que lle encomenda a Angus o astrónomo Edmund Halley -que pasara un tempo estudando plantas e animais mentres observaba os movementos estelares- consiste en contar o paso de certas aves; desa maneira é como adestra a vista para chegar a ver directamente no ceo o que outros só poderían percibir a través dun telescopio. Mentres practica, Angus soña con viaxar a Londres e traballar como axudante de Halley. Pero unha traxedia acontece en Santa Helena e o rapaz agóchase nun barco con destino a Inglaterra, cunha nota cosida dentro da súa camisa. Quen lle diría que alguén tan humilde coma el chegaría a desempeñar un papel determinante na historia da ciencia…
Olli Jalonen combina a voz narrativa de Burch coa de Angus; mentres este último ten unha visión inxenua dos acontecementos, coñecemos o que realmente sucede na illa a través do reverendo. Nesta deliciosa lectura destacan as reflexións filosóficas sobre relixión e humanidade. E malia que a acción é mínima, ten a intensidade das novelas de aventuras. A principal mensaxe radica na esperanza: mesmo en tempos difíciles e cheos de desgrazas, o protagonista é capaz de manter a mente aberta á curiosidade e ao coñecemento.

Otros idiomas:
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 560
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-90-0
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o