Deiche ollos e miraches as tebras
Unha novela repleta de historias malditas e personaxes atemporais. Explora a dualidade entre luz e escuridade, memoria e esquecemento, realidade e fabulación.
Ilustración de cuberta: «Ánimas do purgatorio consoladas cunha ofrenda». © Photo The Morgan Library & Museum / Art Resource, NY/Scala, Florence.
A masía Clavell agóchase nalgún punto remoto dos montes de Les Guilleries, no nordés de Catalunya. En tempos de guerra, aínda que está rodeada de cazadores de lobos, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos, segue a resistir. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas, trafulqueiras e fedellonas, os seus cuartos gardan centos de anos de recordos: os de Joana, que para atopar un marido fixo un pauto que orixinou unha proxenie maldita; os de Bernadeta, a quen sendo nena lle botaron tanta auga con tomiño nos ollos que acabou vendo o que non debía; ou os de Blanca que naceu sen lingua e non fala, pero observa.
Cun poderoso torrente verbal, ritmo e sentido do humor, audacia formal e atmosferas evocadoras, a nova novela de Irene Solà explora a dualidade e o vínculo intrínseco entre luz e escuridade, vida e morte, memoria e esquecemento, realidade e fabulación.
Logo do éxito internacional de «Canto eu e a montaña baila», traducida a máis de trinta linguas, adaptada ao teatro e convertida en obra sinfónica, «Deiche ollos e miraches as tebras» ofrece unha simbiose harmónica e desbordante de imaxinación, tradición e prosa poética. Herdeira da literatura popular e da narración oral de terras catalás, a autora segue forxando unha prestixiosa bibliografía que bebe das fontes do imaxinario colectivo reconstruído, actualizado e renovado a través dun estilo preciso, virtuoso e subversivo.

Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 200
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-19213-43-3
Premios : PREMIO FOLLAS NOVAS DO LIBRO GALEGO 2024 (TRADUCIÓN)