Canto eu e a montaña baila
Co eco da tradición, da memoria e da natureza, unha fermosa novela coral ambientada no Pirineo catalán e distinguida, entre outros recoñecementos, como Mellor Libro Europeo de 2020.Ilustración de cuberta de MAURICIO ANTÓN
Un lóstrego bate enriba de Domènec, o poeta-labrego, que morre de inmediato. O lapso fugaz entre a vida e a morte marca esta historia de historias na que se mesturan pasado, presente e futuro; onde conviven realidade e ficción, historia e mitoloxía. «Canto eu e a montaña baila» é unha novela coral na que toman a palabra mulleres e homes, nubes e fungos, osos e cervatos que habitan entre Camprodon e Prats de Molló. Nesta zona do Pirineo catalán consérvase a memoria de séculos de loita pola supervivencia, de persecucións e de guerras fratricidas. Mais encarna tamén unha beleza propicia para liberar a imaxinación e contar historias; onde comezar de novo e acadar unha certa redención. Irene Solà é herdeira da literatura popular e da narración oral propia da raia catalá con Francia, onde tamén abundan os contos e as lendas sobre meigas e aparicións. Mais nesta novela destaca a orixinalidade do imaxinario colectivo reconstruído, actualizado e renovado a través dun estilo preciso, virtuoso e subversivo. Asemade, aborda e reformula o concepto da fronteira como lugar de paso dos exiliados republicanos entre 1936 e 1939.
Tradicións e folclore como alicerce dunha narrativa contemporánea asentada na natureza e no mundo rural; é o eco da terra, dos elementos, dos animais e das persoas o que se proxecta nestas páxinas. Unha voz caracterizada pola autenticidade e pola espontaneidade mantendo a calidade estilística, con palabras elixidas con precisión, sen impostura nin exceso.
Tradicións e folclore como alicerce dunha narrativa contemporánea asentada na natureza e no mundo rural; é o eco da terra, dos elementos, dos animais e das persoas o que se proxecta nestas páxinas. Unha voz caracterizada pola autenticidade e pola espontaneidade mantendo a calidade estilística, con palabras elixidas con precisión, sen impostura nin exceso.
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 224
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-83-2
Premios : PREMIO LLIBRES ANAGRAMA DE NOVELA 2019
PREMIO PUNT DE LLIBRE DE NÚVOL 2019
PREMIO CÁLAMO OTRA MIRADA 2019
XVII PREMIO MARIA ÀNGELS ANGLADA DE NARRATIVA CATALÁ
PREMIO DE LITERATURA DA UNIÓN EUROPEA (NOVAS VOCES) 2020
PREMIO FOLLAS NOVAS DO LIBRO GALEGO 2022 (TRADUCIÓN)
XX PREMIO DE TRADUCIÓN PLÁCIDO CASTRO 2021
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o