Aquela praia dos Hamptons

Malfatto, Marco Traducción: Iago Nicolás

Un encontro inesperado ofrécelle ao protagonista desta historia a oportunidade de revitalizar a súa carreira profesional. Unha novela que reflicte, cunha divertida prosa e un humor mordaz, unha realidade marcada por delirantes e cómicas obsesións. Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS

A recomendación por parte do seu terapeuta dun paseo relaxante polas praias dos Hamptons leva o protagonista desta historia a coincidir cun exitoso produtor de televisión que coñece dende hai tempo, quen lle ofrece a posibilidade de revitalizar a súa carreira como guionista e lle encarga o guión dunha bucólica serie familiar ambientada nas montañas. Con todo, o único que parece preocuparlle é un burato no seu calcetín dereito. A partir dese momento, irase revelando de forma progresiva unha realidade marcada por delirantes e cómicas obsesións. A súa única redención parece ser volver unha vez e outra a aquela praia dos Hamptons para encontrar o sosego e a inspiración que precisa para terminar o seu guión.

Cun humor mordaz e unha divertida prosa narrada en primeira persoa, «Aquela praia dos Hamptons» é unha novela breve enxeñosamente concibida que remite a un xogo narrativo inspirado na mestura das escritas de Thomas Bernhard e Woody Allen.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: