O Nadal de Ernesto e Celestina
Recoller unha árbore no bosque para decorala, facer debuxos para agasallalos ás amizades, facer uns pasteis, escribir as invitacións... Ernesto e Celestina celebran unha gran festa de Nadal. Non a perdas!
Para celebrar o Nadal abonda con ter tanto entusiasmo e imaxinación como Celestina; non como o seu amigo Ernesto -máis preocupado polo frío do inverno- que non está por cumprir a súa promesa de organizar unha festa co pretexto de que habería que gastar uns cartos que non teñen. Pero malia as momentáneas decepcións, Celestina sempre sae coa súa; Ernesto é tan xeneroso e boíño, que –deixando a un lado o seu carácter racional- accede a axudala para que non se desguste. Porque na axuda mutua está a clave desta historia entrañable e tenra: xuntos van buscar ao bosque canto precisan para adornar o seu humilde fogar, xuntos confeccionan debuxos, un cociña mentres a outra envolve os sinxellos agasallos que prepararon. E inesperadamente, descubriremos a un pícaro Ernesto tomando a iniciativa para sorprender os asistentes e a propia Celestina, convirténdose na alma dunha festa de Nadal inesquecible.
Como na trintena de títulos que conforman esta serie creada nos 80 por Gabrielle Vincent, “O Nadal de Ernesto e Celestina” caracterízase polo formato dialogado do relato e pola carga emocional dos seus protagonistas humanizados. As ilustracións destacan pola grande expresividade e xestualidade dos personaxes. Dispostas en viñetas, a modo de fotogramas consecutivos ou a toda páxina, son imaxes luminosas de trazos soltos e lixeiros, sutilmente coloreadas.
As andanzas do gran oso e da fráxil ratiña conmóvennos e reconcíliannos co mundo porque transmiten o valor da auténtica amizade, a capacidade para atopar a felicidade nas cousas sinxelas, para compartir o pouco que teñen cos demais.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 24 x 22
ISBN: 978-84-8464-418-7