Ernesto e Celestina, músicos da rúa
Os amigos axúdanse nos momentos difíciles. Un oso e unha ratiña atopan na música a solución a un apuro doméstico.
“Ernesto e Celestina, músicos da rúa” é un dos 30 libros dunha exitosa serie que Gabrielle Vicent comezou a publicar nos anos 80 sobre as peripecias dun oso bonachón e dunha fráxil ratiña. Viven modestamente nunha casa que de súpeto precisa reparacións e, para poder pagar os arranxos, Celestina proponlle a Ernesto que toque o violín na rúa. As diferenzas entre os dous son máis que evidentes non só dende o punto de vista físico, polo aspecto robusto de Ernesto e polo pequeno tamaño de Celestina, senón que tamén as súas personalidades son moi distintas: ela representa a iniciativa, o dinamismo, o tesón e o optimismo fronte ao carácter del, máis preguiceiro, protector e pesimista.
Trátase dun álbum de estrutura dialogada que destaca pola súa linguaxe sinxela e polo equilibro entre o texto e as ilustracións, de xeito que a ausencia de palabras en determinadas escenas apóiase na narración visual da historia. Son imaxes pictóricas; suaves acuarelas con debuxos de trazos soltos.
Un relato que desprende tenrura, pinceladas de humor e no que están presentes o valor da amizade, da xenerosidade, a unión e o espírito emprendedor para superar as dificultades; que aposta por atopar a felicidade nas cousas sinxelas e en compartir os bos momentos.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 24 x 22
ISBN: 978-84-8464-286-2