Ernesto e Celestina perderon a Simeón

Vincent, Gabrielle Traducción: Tamara Andrés

Moito se disgusta a ratiña por perder o seu boneco preferido! Sorte que o oso busca unha solución que a alegrará a ela e a moitos máis habitantes do bosque. Para iso están as amizades!

Canto se disgusta Celestina por extraviar o seu boneco preferido! Sorte que Ernesto atopará unha solución que a alegrará non só a ela… senón tamén a moitos máis habitantes do bosque. Para iso están os amigos de verdade! “Ernesto e Celestina perderon a Simeón” é un dos 30 títulos dunha exitosa serie que Gabrielle Vicent comezou a publicar nos anos 80 sobre as peripecias dun oso bonachón e dunha fráxil ratiña.

Trátase dun álbum de estrutura dialogada que destaca pola súa linguaxe sinxela e polo hábil equilibro entre o texto e as ilustracións, de xeito que a ausencia de palabras en determinadas escenas apóiase na expresiva narración visual da historia. Son imaxes pictóricas; suaves acuarelas con debuxos de trazos soltos e estilo bosquexado.

As diferenzas entre os protagonistas son máis que evidentes tanto dende o punto de vista físico, polo aspecto robusto de Ernesto e polo pequeno tamaño de Celestina, como porque tamén as súas personalidades son moi distintas, malia que complementarias: sensible e impulsiva, ela; tranquilo e paciente, él.

Un relato que desprende tenrura, pinceladas de humor e no que están presentes o valor da auténtica amizade, a bondade e a xenerosidade, a unión e o espírito emprendedor para superar as dificultades; unha obra que aposta por atopar a felicidade nas cousas sinxelas e compartir os bos momentos.
Leer más
Leer menos
16,00 €